Sony prognostica un éxito total da PS3 en España

xoves, 8 de febreiro do 2007 Fernando Sarasketa

Se lle facemos caso ó conselleiro delegado de Sony, James Armstrong, en España vai haber Play Station 3 até na sopa: a previsión é de que se vendan no seu primeiro ano de mercado unhas 600.000 consolas, concretamente a partir do 23 de marzo, que é a data sinalada para a súa dispoñibilidade. Este prognóstico de fartura, igualmente aplicable a Francia e ó Reino Unido, ten probablemente a súa orixe no éxito da consola portátil PSP, da que se venderon en España 650.000 unidades dende o lanzamento oficial, cifra que sitúa a este país no cuarto posto de ranking de países “demandantes”, por detrás só de Estados Unidos, Xapón e Reino Unido.
Segundo o conselleiro delegado de Sony en España, a versión de 20 gigabytes da PS3 chegará no verán ó prezo de 499 euros.

PUBLICIDADE