Snowl quere integrar as nosas comunicacións dentro do Firefox

xoves, 7 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Captura da versión actual de Snowl

Os laboratorios de Mozilla anunciaron un novo proxecto, Snowl, que consiste nun engadido para o navegador Firefox para engadirlle nun único lugar todas as comunicacións que habitualmente recibe o usuario, integrando correo electrónico, mensaxes de texto do móbil, Twitter ou fluxos RSS.
O proxecto aínda está nunha fase inicial, de xeito que o produto está lonxe de estar depurado, aínda que xa se pode probar, resultando unha utilidade moi práctica para relacionarse na Internet nun momento na que a Web 2.0 está a provocar que as comunicacións non se limiten ao correo electrónico, senón que se distribúen en blogs, foros, redes sociais e outras plataformas que atoparán en Snowl un punto de encontro que podería revolucionar o xeito de discutir na Rede, aínda que falta moito para que este engadido para Firefox cumpra cos seus obxectivos.

PUBLICIDADE