Singster, o xogo de karaoke para Windows Phone 8

venres, 20 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Os xogos de karaoke tipo SingStar non se limitan só a consolas de videoxogos domésticas, e un bo exemplo que temos é o xogo para Windows Phone 8 Singster, que pode descargarse de balde e ofrece máis de 1.300 cancións de karaoke en inglés, español, italiano, sueco e finés, das que ofrece 10 de balde e permite acceder ao resto do catálogo mediante subscrición. Actualmente as súas cotas son de 0,99 euros por 24 horas, 1,99 euros por 7 días e 4,99 euros por 30 días.
Pero esta aplicación que nos permite interpretar temas de Justin Bieber, Adele, Rihanna, Miley Cyrus, PSY, Metallica, Bruno Mars e moitos outros non se limita a amosar as letras dos temas e a analizar a nosa execución dos mesmos, senón que incluso aproveita a cámara do móbil para gravar a interpretación, para que poida compartirse con outros usuarios da aplicación, que convértese nunha especie de plataforma social na que facer amigos, realizar comentarios e seguir aos nosos cantantes favoritos.
A aplicación tamén permite compartir a actividade fóra da súa comunidade a través de Facebook e supón unha ferramenta moi divertida para pasar o tempo, que no caso dos seareiros dos karaokes reais podería converterse nunha aplicación imprescindible, tanto como sala de ensaio como pola súa compoñente social.

O xogo conta cun enorme catálogo de cancións das que tamén podemos ver as interpretacións doutros usuarios

PUBLICIDADE