Seminario sobre blogs na Politécnica o día 22

martes, 13 de novembro do 2007

A Universidade Politécnica de Madrid en colaboración co Laboratorio de Innovación en Tecnoloxías da Información, organiza este 22 de novembro no Paraninfo da dita institución educativa superior o seminario Uni-blogs: do discurso á acción. O encontro, que servirá para avaliar o papel dos cadernos persoais no proceso de formación, está organizado tamén polo Vicerreitorado de Ordenación Académica. Para máis información, cómpre visitar o caderno http://blogs.ua.es/uni-blogs ou ben porse en contacto co comité a través do correo sestalayos@dmami.upm.es.

PUBLICIDADE