Sanyo anuncia un proxector que funciona a só 8 centímetros de distancia

xoves, 14 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A busca de pantallas cada días máis grandes para os salóns domésticos leva a moitos consumidores a apostar polos proxectores de vídeo, pero teñen normalmente unha instalación complicada xa que precisan estar distantes á superficie de proxección o que forza a sacrificar moito espazo ou á súa instalación no teito, polo que algúns fabricantes procuran a optimización do foco dos proxectores, coma Sanyo, que vén de presentar o seu LP-XL50, que permite proxectar imaxes de 80 polgadas a unha distancia de só 8 centímetros.
Este novo proxector soporta unha resolución de 1.024 x 768 píxeles cun brillo de 2.000 lúmenes e capaz de amosar 16,7 millóns de cores. Inclúe entradas de vídeo VGA, S-Video e por compoñentes. Agarda pórse á venda antes do Nadal deste ano.

PUBLICIDADE