Santiago acolle o día 30 un obradoiro sobre Dokeos

martes, 29 de maio do 2007

Segundo informa estes días a plataforma mancomun.org, a Rede de Cooperación Local do Concello de Santiago organiza o día 30 de maio ás 19.00 horas na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre un obradoiro da plataforma libre de teleformación Dokeos LMS. A presentación correrá a cargo da galega Contidos Dixitais e contará coa participación dos representantes do proxecto mancomun.org. A inscrición pode facerse a través deste enderezo: info@contidosdixitais.com. Cómpre subliñar que Dokeos é unha plataforma de teleformación aberta traducida a 34 idiomas e que está sendo empregada por máis de 1000 organizacións en todo o mundo. O obradoiro terá un carácter práctico.

PUBLICIDADE