Sanidade envía información vía SMS ós seus usuarios

xoves, 10 de maio do 2007

A nova web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ofrece dende hoxe (10 de maio) ós seus usuarios, a oportunidade de recibir mensaxes curtas de texto ó móbil con toda a información relativa ás novidades no eido deste departamento da Xunta. Deste xeito, ademais de solicitar cita previa, o carné de doante de órganos ou cambiar de médico, o servizo tamén permite realizar trámites relacionados coa tarxeta sanitaria. Asemade, os usuarios terán a posibilidade de inscribirse en cursos de formación continuada da Escola Galega de Administración Sanitaria e poderán realizar consultas por Internet a través da ligazón Contacte Connosco.

PUBLICIDADE