Samsung producirá 3 millóns de pantallas OLED en 2009

mércores, 23 de abril do 2008

A tecnoloxía de pantallas baseadas en diodos luminosos orgánicos (OLED) que ata o momento só se incorporaba a móbiles e cámaras dixitais por ser difícil a súa fabricación en grandes tamaños podería ter superadas as súas limitacións iniciais e Samsung agarda producir pantallas OLED a grande escala en 2009.
Na actualidade unha pantalla OLED de 11 polgadas de Sony custa uns 2.500 dólares, polo que estas pantallas poderían tardar aínda varios anos en converterse en produtos de consumo masivo.

PUBLICIDADE