Samsung proba unha nova tecnoloxía de banda larga móbil

luns, 13 de maio do 2013 Marcus Fernández

Samsung Electronic anunciou o éxito das súas probas de comunicación mediante unha tecnoloxía sen fíos chamada mmWave, que aseguran que senta as bases para as futuras comunicacións móbiles 5G, aínda que na práctica limitásense a realizar unha transmisión na banda dos 28 GHz a unha distancia de ata 2 quilómetros a unha velocidade de ata 1,056 Gbps, para o que tiveron que empregar unha tecnoloxía que combina 64 antenas e que podería ser unha solución alternativa ás actuais tecnoloxías móbiles, aínda que fixan a data na que podería facerse posible comercialmente no ano 2020, polo que habería que ser prudente á hora de asumir esta solución como o futuro 5G (pois tal estándar de comunicación aínda no está definido).
Entendendo que falar hoxe de 5G carece de sentido, temos unha tecnoloxía de transmisión que está lonxe dos records establecidos (en 2007 xa rexistraron comunicacións 4G a máis de 5 Gbps), pero que ao ter detrás a un grande fabricante como Samsung, podería evolucionar a bo ritmo e loitar para que os futuros estándares de comunicacións móbiles vaian por tal camiño.

PUBLICIDADE