Samsung presenta un pequeno robot doméstico chamado Ballie

martes, 9 de xaneiro do 2024 Marcus Fernández

Samsung anunciou no CES 2020 un asistente virtual rodante chamado Ballie, con forma de esfera, cámara, micrófono e sensores para detectar o contorno, que pretendía comercializarse en 2021, pero que finalmente foi cancelado, de aí que fose toda unha sorpresa que retomasen o proxecto no CES 2024 e incluso elevasen a aposta, facendo de Ballie un produto moito máis completo.
O robot doméstico Ballie apostaría agora na intelixencia artificial para axudar mellor aos usuarios, podendo moverse polo fogar para realizar distintas tarefas en función dos hábitos do usuario, ou incluso para enviar notificacións en vídeo de mascotas e seres queridos ao usuario cando non estea na casa.
A revisión de Ballie non só serviría para percibir o contorno, senón que tamén podería reproducir música, contestar chamadas e, como elemento claramente diferencial con respecto ao modelo anterior, proxectar vídeo na parede ou no chan, de xeito que as súas posibilidades poden ser moi diversas.
Queda por ver se realmente este produto chega ao mercado, pois o seu desenvolvemento de seguro que faría que o seu prezo de venda teña que ser moi elevado, e polo aínda é unha incógnita se o mercado está listo para trebellos deste tipo.

Vídeo no que podemos ver o novo Ballie en acción

PUBLICIDADE