Samsung comercializa un televisor conectado de 75 polgadas
luns, 9 de xullo do 2012
O fabricante surcoreano Samsung, pese a estar a centrar os
seus esforzos na produción de pantallas OLED, aÃnda non desbotou as LED, e como
exemplo temos que vén
de lanzar por 19,8 millóns de wons (14.104 euros) o impresionante Smart TV
ES9000, que presenta unha pantalla de 75 polgadas, un marco de só 7,9
milÃmetros e o último en tecnoloxÃa de televisores intelixentes, como aplicacións que aproveitan a conectividade á
Rede do televisor como a posibilidade de recoñecer a voz e os xestos do usuario
(a través dunha cámara retráctil).
Este televisor tamén pode completarse cun teclado e outros accesorios
orientados a tirar proveito da conectividade deste televisor de grande formato.