Sae á venda o novo Mortal Kombat

martes, 26 de abril do 2011 Marcus Fernández

Hoxe chega ás tendas de videoxogos españolas o agardado Mortal Kombat nas súas versións para Xbox 360 e PlayStation 3, que supón unha volta ás orixes desta popular franquía de xogos de loita que incluso inspirou películas e series de televisión.
O xogo recupera os golpes duros, o sangue, a violencia intensa e o gore, no que promete ser o mellor título da saga, que conta cun catálogo de loitadores moi amplo (de xeito que temos aos máis importantes) o que contribúe especialmente para animar os combates entre amigos. Aparte dos tradicionais combates de un contra un, Mortal Kombat tamén conta con novos modos de xogo como o cooperativo Arcade, la Torre del Desafío e el Rey de la Colina.
A versión de PlayStation 3 destaca por ser compatible con televisores 3D e contar con Kratos, o protagonista de God of War, entre os loitadores do xogo, contando con movementos únicos, escenarios de seu e uns impresionantes fatalities.

O xogo recupera o espírito da súa primeira entrega

PUBLICIDADE