Sae á venda o agardado The Witcher 3

martes, 19 de maio do 2015 Marcus Fernández

Tras padecer certas demoras, por fin está aquí The Witcher 3: Wild Hunt, xogo de rol de mundo aberto de nova xeración cunha trama apaixonante, ambientada nun completo universo de fantasía (desenvolvido nas novelas do polaco Andrze Sapkowski), no que tomamos o rol do cazador de monstros Geralt de Rivia, que ten que atopar á moza protagonista dunha profecía.
Este xogo de CD Projekt Red está xa dispoñible para Xbox One, PlayStation 4 e PC (Steam), a un prezo que parte dos 59,99 euros para ordenadores persoais e que se incrementaría 10 euros na versión para consolas de nova xeración. Por 24,99 euros pode adquirirse o pase de expansión de The Witcher 3, que desbloquea o acceso a dúas novas aventuras que ampliarán a historia en 10 e 20 horas respectivamente, chegando a primeira no mes de outubro e a segunda no primeiro trimestre de 2016.

Geralt de Rivia é un cazador de monstros profesional

PUBLICIDADE