Sae á venda inFAMOUS Second Son para PlayStation 4

venres, 21 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Un dos xogos máis agardados para PlayStation 4 ponse hoxe á venda, inFAMOUS Second Son, que pode adquirirse por 59,99 euros e que dende hoxe mesmo conta cunha actualización descargable que sorprende por incluír contido adicional: a extensión inFAMOUS Paper Trail, que amplía o universo e a mecánica do xogo.
Esta nova entrega da franquía de inFAMOUS conta con Delsin Rowe como protagonista, un personaxe cun poder sobrehumano que pode roubar os superpoderes doutras persoas con habilidades especiais nas rúas de Seattle e, como é habitual nesta saga, poderá tomar decisións que afectarán no xeito de desenvolverse a historia.
Este título desenvolvido por Sucker Punch Productions parece estar a aproveitar a alta demanda de xogos exclusivos por parte dos novos posuidores dunha PS4, o que levaría a que inFAMOUS Second Son conseguise ter en Reino Unido máis unidades reservadas que The Last of Us, o que é un indicativo do bo inicio comercial que pode ter esta entrega dunha franquía que resístese a deixarnos.

inFAMOUS estréase hoxe nas consolas de nova xeración

PUBLICIDADE