Sae a RC2 de Firefox para Maemo

venres, 8 de xaneiro do 2010

A versión móbil do Firefox está a pique de ver a luz, e hoxe mesmo lanzan a segunda versión candidata do navegador de Mozilla para terminais con Maemo coma o Nokia N900 e o N810 (tamén dispoñible para a súa descarga en galego), que corrixe problemas detectados na súa anterior entrega e actualiza o seu motor ao Gecko 1.9.2 RC1.

PUBLICIDADE