SNK celebra os 20 anos de The King of Fighters con descontos
luns, 25 de agosto do 2014
- KOF ’94 foi o xogo que iniciou a principal franquÃa de xogos de loita de SNK
En 1994 SNK decidiu mesturar os seus xogos de loita Fatal Fury e Art of Fighting, engadindo á fórmula algúns outros personaxes dos
xogos Ikari Warriors e Psycho Soldier, dando lugar a The King of Fighters ’94 (KOF ’94), que converterÃase no primeiro
dunha franquÃa de xogos de loita que crearÃa escola, converténdose durante
moito tempo no principal rival do Street
Fighter de Capcom. Dado que este xogo cumpre hoxe 20 anos, dende SNK
decidiron rebaixar até mañá os seus xogos para dispositivos móbiles, que
poderán mercarse agora a un prezo de 0,89 euros (o que vén a ser unha rebaixa
aproximada do 75%).
- The King of Fighter ’97 é un dos xogos que podemos mercar por 0,89 euros
Os xogos que podemos conseguir dentro desta oferta serÃan The King of Fighters ’97 (para
iOS e para
Android), The King of Fighters ’98 (para
iOS e para
Android), Metal Slug (para iOS
e para
Android), Metal Slug 2 (para iOS
e para
Android), Metal Slug 3 (para iOS
e para
Android), Metal Slug X (para iOS
e para
Android), Samurai Shodown II (para
iOS e para
Android) e Blazing Star (para iOS
e para
Android).
Fóra da promoción, e polo mesmo prezo, tamén podemos facernos con The Rhythm of Fighters (para
iOS e para
Android), unha achega á franquÃa de loita de SNK cun enfoque musical (haberá
que seguir o ritmo para lanzar os ataques que derrotarán aos nosos opoñentes).
- The Rhythm of Fighters tamén pode mercarse por 0,89 euros