SAP prepara a adquisición de Sybase

xoves, 13 de maio do 2010

A empresa xermana SAP AG anunciou que pretende adquirir á compañía de desenvolvemento de aplicacións informáticas Sybase Inc nunha operación por valor de 4.567 millóns de euros que permitiralle facerse coa experiencia de Sybase no desenvolvemento de aplicacións móbiles, para portar as solucións de SAP á meirande parte de dispositivos posibles.
Actualmente SAP é lider no mercado de software de administración de empresas e ocupa a segunda posición na produción de bases de datos.

PUBLICIDADE