¡Rompe Ralph! estará dispoñible antes en dixital que en soporte fÃsico nos EE.UU.
venres, 4 de xaneiro do 2013
AÃnda que non sexan poucas as innovacións que están a
facerse no eido da distribución audiovisual, desta volta sorprende que a
compañÃa que se atreva a arriscar sexa a propia Disney, pois vén de anunciar
que nos EE.UU. o seu novo filme ¡Rompe Ralph! vai
comercializarse antes en formato dixital que en soporte fÃsico. Concretamente a
pelÃcula estará dispoñible dende o 12 de febreiro en dixital (en alta
definición e tamén en 3D) mentres que non será ata o 5 de marzo cando sairá en
Blu-ray, DVD e plataformas dixitais en definición estándar. Dende Disney non
concretan as plataformas nas que poderá accederse ao filme en alta definición
de xeito anticipado, pero é de agardar que sexa unha distribución bastante
limitada, e posiblemente este tipo de primicia sexa un reclamo para este tipo
de servizos que aspiran a substituÃr os soportes fÃsicos.
Nas tendas poderemos atopar as aventuras de Ralph nunha edición sinxela en DVD,
nunha edición de 2 discos coa pelÃcula en DVD e Blu-ray e nunha completa
edición de 4 discos que incluirÃa as copias do filme en DVD, Blu-ray, Blu-ray
3D e copia dixital.