Rockstar recompensará aos usuarios que reserven GTA V para PC

venres, 16 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Unha vez máis Rockstar Games adiou a data de lanzamento de Grand Theft Auto V para PC, que xa se movera ao vindeiro 27 de xaneiro e que, finalmente, anuncian que o xogo verá a luz o 24 de marzo, xa que o xogo precisa dunhas semanas adicionais para probas e pulido do produto final para conseguir o nivel de calidade ao que a compañía ten afeitos aos seus seareiros.
O xogo incluirá modo en liña para até 30 xogadores e tamén contará con Los Golpes de GTA Online, prestación que se lanzará nas vindeiras semanas para consola, polo que o xogo para PC porase á altura do resto de versións dende o primeiro día, con vantaxe de que, de ter un equipo o suficientemente potente, até poderá xogarse a unha resolución de ultra alta definición (4K) aceptando tamén configuracións de até tres monitores.
Dende hoxe o xogo para PC está dispoñible en reserva a un prezo de 59,99 euros, recibindo os usuarios que merquen o xogo con antelación (tanto en edición física como descargable) 1.000.000 de dólares do xogo para gastar a partes iguais no modo historia e no xogo en liña. Amais, os usuarios que adquiran o xogo descargable directamente a Rockstar antes do 1 de febreiro conseguirán 300.000 dólares adicionais para GTA Online e un xogo descargable a elixir entre Max Payne 3, L.A. Noire, GTA: Episodes from Liberty City, GTA IV, Bully, GTA: San Andreas, Manhunt, Max Payne 2, GTA: Vice City, Midnight Club II e GTA III.

PUBLICIDADE