Rockstar confirma que está a traballar en GTA VI

venres, 4 de febreiro do 2022 Marcus Fernández

Rockstar Games anunciou hoxe que Grand Theft Auto V e Grand Theft Auto Online chegarán a PlayStation 5 e Xbox Series X|S o vindeiro 15 de marzo, adaptando esta experiencia de mundo aberto de grande éxito ás consolas de nova xeración, de xeito que estes xogos poderán xogarse con gráficos de até 4K con HDR e ray-tracing e até 60 imaxes por segundo.
Os xogadores de PlayStation 4 e Xbox One que desexen continuar a súa experiencia nas consolas de nova xeración poderán transferir o progreso no modo historia de GTA V como os seus personaxes e a súa progresión en GTA Online ás consolas de nova xeración cunha única migración no lanzamento.
GTA Online estará tamén dispoñible como xogo independente para as novas consolas, ofrecendo os 3 primeiros meses de balde aos xogadores de PlayStation 5, facilitando así que o xogo capte aínda máis xogadores.
Pero para moitos incondicionais da saga é que Rockstar confirmo por fin que están a traballar nunha nova entrega de Grand Theft Auto, asegurando que este proxecto procurará ser aínda maior que o de GTA V¸ e convidando aos xogadores a estar pendentes de detalles oficiais sobre Grand Theft Auto VI.

PUBLICIDADE