Rockstar Games ofrece moitos dos seus clásicos nun Humble Bundle

martes, 30 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

O Humble Bundle trae unha grata sorpresa esta semana, pois dende hoxe, e durante 14 días, permitirá a compra dun bo número de clásicos de Rockstar Games a un prezo moi reducido, á vez que se apoia a unha causa solidaria: a Rainforest Alliance.
Falamos dun grupo de xogos valorados en 196 dólares que poden engadirse á biblioteca de Steam por só 15 dólares, aínda que existen varios chanzos para apoiar esta iniciativa. Por unha banda, quen pague a partires de 1 dólar poderá facerse con Manhunt, Grand Theft Auto: Vice City, Grand Theft Auto III e Max Payne; pagando máis da media (9,30 dólares no momento de escribir estas liñas) teremos Canis Canem Edit (Bully en EE.UU.), Grand Theft Auto: San Andreas, L.A. Noire e Max Payne 2: The Fall of Max Payne. Finalmente quen pague 15 dólares ou máis recibirá tamén un lote de contido descargable para L.A. Noire, Grand Theft Auto IV, Grand Theft Auto: Episodes from Liberty City e Max Payne 3.

PUBLICIDADE