Rianxo acolle unhas Xornadas de Novas Tecnoloxías o 6 de setembro

xoves, 28 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Cartel das xornadas

O sábado 6 de setembro a asociación Rianxo sen cabos, en colaboración con AGNIX e co patrocinio do Concello de Rianxo, celebrarán unhas Xornadas de Novas Tecnoloxías que centrarán a súa atención no Software Libre.
O evento terá lugar na Casa da Cultura Cuartel Vello de Rianxo e comezará cun relatorio sobre o ámbito revolucionario no que nos atopamos, que pretende facilitar o entendemento das licenzas libres da man de Roberto Brenlla; ao que seguirá Pedro Silva falando da plataforma de blogues Blogaliza. Claudio F. Filho comentará a importancia do uso de padróns para pechar os actos da mañá. Logo pola tarde Xavi Alonso e Alexandre González conducirán unha Install Party de sistemas baseados en GNU/Linux para que logo se aproveite o encontro para celebrar a Asemblea Xeral da Asociación Rianxo sen cabos.

PUBLICIDADE