RetroMadrid cancélase por segundo ano consecutivo

luns, 21 de marzo do 2016 Marcus Fernández

A Asociación de Usuarios de Informática Clásica (AUIC) levan dende 2008 organizando un dos encontros de referencia do estado español, RetroMadrid, feira que o ano pasado suspendeuse antes as dificultades para atopar un espazo propicio para a súa celebración (xa que a edición de 2014 tivo serios problemas e aforo), pero este ano o proxecto non conseguiu volver ao rego, e a AUIC anunciou que este ano non se celebrará RetroMadrid, pois non conseguiron afianzar os acordos de colaboración que puidesen permitir a súa intención de celebrar un evento nunhas instalacións de alta capacidade e con acceso de balde, polo que preferiron adiar a celebración até 2017, cando confían que se retome esta feira da retroinformática que buscaría pasar a ter unha periodicidade bianual para poder garantir a súa sustentabilidade a longo prazo.
Este tipo de complicacións para a organización de feiras de informática clásica con carácter altruísta non é ningunha sorpresa, e en Galicia xa vimos como en 2014 o encontro RetroCoruña adiárase ao mes de decembro (o que afectou seriamente á súa acollida) e incluso cancelouse en 2015 (aínda que celebrouse unha exposición en Sada para non deixar á vila sen unha xornada dedicada á informática clásica) aínda que confíase en que despois do verán se recupere este interesante encontro.

PUBLICIDADE