Reservar o FIFA 13 terá premio

mércores, 27 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Electronic Arts fixo público que os usuarios que reserven o xogo FIFA 13 para Xbox 360, PlayStation 3 ou PC conseguirán ata 24 sobres de ouro (1 por semana dende o 1 de outubro de 2012 ata o 31 de marzo de 2013) para FIFA Ultimate Team, o modo de xogo de máis éxito de EA SPORTS FIFA, no que podes construír, dirixir e competir co teu propio equipo ideal, xogando partidos e torneos para conseguir moedas que poderán intercambiarse por sobres nos que poden tocar os mellores xogadores do mundo.
Cada un dos xogos de FIFA Ultimate Team contén unha mestura de 12 elementos, incluíndo futbolistas, contratos, estadios, adestradores, persoal, balóns, equipamentos e escudos. Os sobres inclúen futbolistas cunha puntuación de +75, podendo incluír tamén algún dos xogadores máis cobizados ou un artigo raro que mellora os seus atributos ou amplía a duración dos seus contratos.
FIFA 13 estará dispoñible a partir do 27 de setembro, non só para Xbox 360 (con soporte de Kinect), PS3 (con soporte de PS Move) e PC, senón tamén para outras plataformas como a Wii, a Nintendo 3DS, a PS Vita, dispositivos móbiles (Android e iOS) e incluso as practicamente xubiladas PSP e PlayStation 2.

Anuncio do agasallo co que EA Sports premiará aos que reserven o xogo antes do seu lanzamento

PUBLICIDADE