Ray-Ban Stories poderían renovarse con emisión de vídeo en directo

xoves, 24 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Despois do estrepitoso fracaso das Spectacles da compañía detrás de Snapchat, sorprendía bastante que Meta se aliase con Ray-Ban para comercializar unhas lentes con cámara, que sobra dicir que tampouco tiveron unha boa aceptación comercial, resultado totalmente irrelevantes, de aí que resulte curioso que se filtre que vaiamos ter unha nova xeración das Ray-Ban Stories.
Os datos filtrados de Meta indicarían que, se ben o 90% dos usuarios que se fixeron unhas Ray-Ban Stories deixaron de usalas ao pouco de mercalas, a compañía pretendería que unha nova xeración das lentes tivese éxito optando por un enfoque diferente: as lentes permitirían transmitir vídeo en directo, e os espectadores poderían falar coa persoa que retransmite grazas aos auriculares integrados nas patillas das lentes.
Estamos ante unha proposta que parece bastante ridícula, e para un uso demasiado de nicho para xustificar un produto comercial, pero se conseguise o apoio de influentes poderían popularizarse, aínda que non está claro de se iso sería bo, xa que a retransmisión de vídeo directamente dende unhas lentes podería facer demasiado doado realizar emisións pouco axeitadas, o que precisamente foi un dos detalles que mataron ás prometedoras Google Glass.

PUBLICIDADE