R renova a súa canle de auto promocións

xoves, 16 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Dende os seus inicios, o operador galego de cable R conta na súa grella televisiva cunha canle dedicada á auto promoción, e para mellorar o interese do público cara a este espazo veñen de renovar a canle R coa incorporación de información non só da oferta televisiva, senón tamén do resto de servizos de R, acompañada por servizos de consulta habitual coma son o tempo, a axenda cultural, fútbol ou novas de actualidade sobre R.
Deste xeito, os usuarios que sintonicen a canle R no seu televisor poderán consultar a predición meteorolóxica en distintas localidades galegas, saber os equipos de fútbol que xogarán a vindeira fin de semana (e se vai estar presente o encontro nalgunha das canles do operador) e unha axenda cultural para coñecer as exposicións, os concertos ou mesmos as festas gastronómicas que celébranse por toda Galicia.
Este novo sistema tamén permite incluír información de fontes RSS, polo que non desbotan incorporar suxestións dos clientes en vindeiras actualizacións.


Exemplo de funcionamento da nova versión da canle R

PUBLICIDADE