R rachou a súa mellor marca de captación de clientes en febreiro

xoves, 16 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O pasado mes de setembro 6.604 novos fogares e empresas conectáronse a algún dos servizos o operador galego R, o que é un incremento de clientes sen precedentes dende o seu inicio de actividade hai 7 anos, demostrando que a empresa está a ter moi boa acollida na nosa comunidade grazas en boa medida pola boa sona que coa que conta a compañía que destaca por unha atención ao cliente próxima e unha mellora continuada dos servizos (especialmente no tocante ao acceso á Rede, que actualmente ten en 6 Mbps a súa velocidade de referencia e xa están a traballar no aumento ata os 12 Mbps). Os usuarios corporativos tamén poderán ver como nos vindeiros meses se ofrecen servizos de acceso á Rede a velocidades de 60 e 100 Mbps (orientados a usos profesionais).
Na actualidade a cobertura de R chega a 61 poboacións galegas, das que 21 se incorporaron neste último ano e en breve se incorporarán 27 localidades máis, a onda se achegan as vantaxes da fibra óptica.

PUBLICIDADE