R estrea combos con accesos á Internet de 200 Mbps

martes, 1 de outubro do 2013 Marcus Fernández

O operador galego R está a comezar o mes con interesantes novidades. Comezan cun novo contrato para móbiles, a tarifa plana 9, que por unha cota de 9 euros + IVE ofrece 100 minutos en chamadas a calquera móbil ou fixo nacional as 24 horas, 50 mensaxes de texto e 100 Mbytes de datos a máxima velocidade (superado tal volume de transferencia redúcese a velocidade a 64 Kbps) estando dispoñible tanto para particulares como para empresas. Pero máis rechamante é a estrea de accesos á Internet a 200 Mbps tanto para fogares como para empresas ao prezo que tiña o antigo combo 3.
Os novos combos con conexións a 200 Mbps (con 10 Mbps de subida) parten dun prezo de 59,9 euros/mes + IVE en promoción para usuarios que conten con servizo de televisión sen descodificador, incluíndo tarifa plana de chamadas a fixos e móbiles da mesma conta, 250 minutos/mes para o resto de móbiles (de ter contratada a factura electrónica) e inclúe router Wi-Fi N. Esta oferta pode completarse con televisión de definición estándar ou alta definición en distintos lotes de canles dixitais entre as que tamén figuran como opcións canal+ liga HD e canal+ 1.

PUBLICIDADE