R estrea campaña publicitaria en televisión

martes, 18 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Personaxes baseados na tipografía corporativa de R

A operadora galega de cable, que está a espallar cada día máis a súa rede polas vilas galegas, racha o seu silencio televisivo e tras 4 anos sen campaña promocional en tal medio estrean os anuncios baixo o lema Cámbiache o conto no que se pode ver como Carapuchiña fuxe do lobo feroz grazas á alta velocidade de R ou cómo os tres porquiños do conto tiran proveito da televisión dixital da operadora galega (mentres o lobo non é que de tirar sobrando a súa antena de televisión… porque a reciben por cable). A campaña tamén ten as súas versións noutros soportes.
Dende o blog que che parece? tamén detallan que os personaxes de animación que aparecen nos anuncios foron deseñados mediante a combinación de letras que conforman a tipografía corporativa de R (fonte R Gerstner), e ilustran cómo sería o proceso de creación dos mesmos.


Anuncio de Carapuchiña Vermella fuxindo do Lobo


Anuncio dos tres porquiños

PUBLICIDADE