R demostrará a súa conexións de 100 Mbps en Lugo

luns, 2 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Imaxe dunha <a href="http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/presentaci%C3%B3n_aos_medios_dos_100">presentación anterior</a> da conexión a 100 Mbps de RDende o pasado 1 de decembro algunhas zonas de A Coruña, Vigo e Lugo gozan xa da posibilidade de contratar conexións de banda larga de 30 e 100 Mbps a través do operador de cable galego R grazas ao uso de tecnoloxía DOCSIS 3.0, e para permitir que os lugueses poidan ver en primeira persoa as posibilidades desta oferta comercial este martes entre as 13:00 e 14:00 horas no local Puro Teatro sito no número 2 da rúa Castelao poderán ver unha presentación na que se probará o servizo de 100 Mbps, se experimentará coas grandes velocidades de navegación, no tempo de envío de arquivos e mesmo na visualización de vídeos en alta definición nunha pantalla de 40 polgadas. Tamén se aceptarán preguntas dos presentes.

PUBLICIDADE