Quickoffice achega ao iPhone a edición de documentos de texto e follas de cálculo
luns, 20 de abril do 2009
AÃnda que dende o
iPhone ou o iPod Touch é posible acceder ao contido de moitos tipos de
documentos ofimáticos, editar os mesmos é outro cantar, de aà que saia o paquete ofimático Quickoffice, que está
á venda por 15,99 euros incluÃndo as aplicacións Quickword, Quicksheet e Files,
aÃnda que as dúas últimas tamén poden adquirirse por separado a 5,49 e 1,59
euros respectivamente.
O Quickword é un procesador de textos con funcións de cortar e pegar, formato
de fontes, opcións de desfacer cambios e compatibilidade con ficheiros do
Microsoft Word (capaz de editar documentos de Word 97 e 2003 e de só visualizar
os de Word 2007).
O Quicksheet serÃa a aplicación de folla de cálculo que permite facer uso de
funcións avanzadas (interseccións, fórmulas…) e é compatible co Microsoft Excel
(editando documentos de Excel 97 e 2003, e só visualizando os de Excel 2007).
Finalmente o Quickoffice Files permite acceder remotamente á conta iDisk do
servizo MobileMe, facilita a transferencia de equipos co ordenador a través de
Wi-Fi, permite gravar documentos para velos fóra de liña e mesmo permite montar
unha unidade virtual a través de Wi-Fi.