Q*Bert estrea xogo para Xbox One

venres, 12 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

O filme de Rompe Ralph fixo que moitos lembrasen a figura de Q*Bert, curiosa criatura sen brazos e un nariz con forma de trompeta, que nos anos 80 protagonizaba un clásico xogo de perspectiva isométrica que o pasado verán contou cun remake para PS3, PS4 e PS Vita que agora chega a Xbox One a un prezo promocional de 7,49 euros.
Q*bert REBOOTED é un xogo que respecta o título orixinal até o extremo de contar cun modo clásico no que presenta a aparencia retro, aínda que tamén pode xogarse con renovados gráficos tridimensionais. Ambas versións son igual de divertidas, pondo a proba as capacidades lóxicas e de resolución de quebracabezas do xogador. Esta nova Xbox One Edition contará con melloras na xogabilidade, 5 novos personaxes xogables e unha nova banda sonora.

Q*bert REBOOTED pode gozarse cos gráficos do Q*Bert orixinal ou con gráficos 3D renovados

PUBLICIDADE