Publican unha plataforma de creación de aventuras gráficas para Nintendo DS

luns, 28 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A creación de aventuras gráficas no ordenador por parte de afeccionados xa era unha actividade posible nos equipos de hai 20 anos (lembremos o P.A.W.S. para Spectrum), pero agora Jordi Pérez fai posible algo semellante para a Nintendo DS, xa que está a desenvolver o Icarus Adverture System, que é un sistema para PC que permite que o usuario confeccione a súa propia aventura gráfica exportándoa a un ficheiro .nds (compatible cos lectores de tarxetas de memoria para DS).
O usuario só ten que confeccionar os arquivos de texto e as instrucións (o paso máis complexo) e imaxes necesarias para construír a aventura. Inclúe unha interface editable (tanto a nivel gráfico coma sonoro).
Deste xeito, resulta doado que un usuario particular poida construír os seus propios xogos con aventuras saídas totalmente da súa imaxinación ou inspiradas en películas, series de televisión ou comics, polo que podería dar lugar a unha boa oferta de videoxogos domésticos que sería moi ben recibidos polos amantes das aventuras gráficas.

PUBLICIDADE