Publican as ferramentas para modificar o xogo Left 4 Dead

luns, 18 de maio do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios poden facer os seus propios mapas para o xogo

Os usuarios que en vez de mercar Left 4 Dead para PC en vez de para Xbox 360 poderán gozar moito máis deste título de mata-zombies, xa que Valve vén de publicar a versión de proba das ferramentas de autoría para o xogo, que pode descargarse de balde, para así crear novos mapas, novas peles para personaxes, novos modelos 3D, efectos de son e música para cargalos no xogo, o que agardamos que nos vindeiros meses abra todo un mundo de diversión con misións e escenarios para o xogo que sorprenderán sen dúbida, como teñen feito con outros xogos que permiten a personalización de niveis. ¿Cales serán a primeiras modificacións de Left 4 Dead que verán a luz para PC? Ábrese a veda.

PUBLICIDADE