Progresa a penetración da banda larga nos fogares galegos segundo o INE
xoves, 2 de outubro do 2014
- Os datos do INE reflicten os bos resultados do Plan de Banda Larga emprendido polo Goberno autonómico
Un 69,1% dos fogares galegos están conectados á Rede
mediante banda larga, un 8% máis que en 2013, o que sitúa a Galicia a catro
puntos da media estatal, que medrou un 6%, segundo podemos ver nos últimos datos publicados polo
Instituto Nacional de EstatÃstica (INE) sobre equipamento e uso das TIC nos
fogares en 2014.
Segundo a análise realizada polo OSIMGA, os datos constatan que nos últimos
catro anos se incrementaron en preto dun 50% os fogares galegos que contan co
servizo de banda larga contratado. En 2010, ano no que arrancaba o Plan de
Banda Larga da Xunta, a porcentaxe de fogares con internet contratado era do
46,5%.
Respecto ao tipo de conexión, cabe salientar que entre as vivendas que dispoñen
de acceso a Internet en Galicia, un 82,9% accede a través de dispositivos
móbiles, 1,2 puntos máis que a media estatal. A conexión a Internet a través de
rede por cable ou fibra óptica sitúase nun 26,8%, 5,9 puntos máis que a media
estatal (20,9%).
Respecto aos datos relativos ao tamaño do hábitat, é
salientable que, por primeira vez, nos concellos con poboación de 20.000 a
50.000 habitantes, a media galega supera á estatal nos 3 indicadores
principais: vivendas con ordenador, con acceso a Internet e con banda larga.
AsÃ, a porcentaxe de vivendas con ordenador acada case o 80%, superando a media
estatal en 7,1 puntos. Ademais, no caso da conexión de banda larga (73,4%),
tamén se supera a media estatal en 1,4 puntos.
Equipamento e uso das TIC dos fogares galegos
Segundo os datos que ofrece o INE, o 72,6% dos fogares galegos dispón
dalgún ordenador, diminuÃndo 2,7 puntos a distancia respecto da media estatal e
experimentando un incremento do 6% con respecto aos datos do ano anterior. A
media estatal (74,8%) rexistrou un crecemento de tan só 1,9% no último ano.
O 68,4% dos galegos e galegas utilizaron o ordenador nos últimos tres meses,
reducindo a diferenza coa media estatal en 0,7 puntos porcentuais. Un 69,3% da
poboación galega empregou Internet nos tres últimos meses, cun incremento do
6,1%, con respecto ao ano anterior, semellante ao crecemento do conxunto do
Estado (6,4%).
Un 25,9% da poboación galega adquiriu algún produto ou
servizo a través de Internet nos últimos tres meses, situándonos a 1,6 puntos
da media estatal e experimentando un crecemento do 22,2% respecto ao ano
anterior, lixeiramente por riba da taxa de variación interanual estatal
(21,1%).
Unha das conclusións máis positivas desta última enquisa do
INE é que, por primeira vez, Galicia avantaxa á media estatal no uso de
ordenador e de Internet no grupo de idade de 16 a 44 anos. No caso da
utilización de Internet nos tres últimos meses, a proporción de galegos de 16 a
44 anos superou o 91%, e sendo especialmente significativo no caso dos mozos de
16 a 24 anos que acada o 100%.
Ademais, Galicia experimentou unha evolución moi positiva no
uso de Internet cando menos unha vez á semana entre os maiores de 55 anos, con
incrementos do 26,1% no tramo de idade de 55 a 64 anos e dun 49,6% nos maiores
de 65 anos.
O uso dos servizos de Internet, por parte dos internautas
galegos presenta, na maiorÃa dos casos, valores superiores aos do resto do
Estado. Un 87,3% le ou descarga xornais ou revistas en liña, case 10 puntos
porcentuais por riba da media estatal. Un 65,3% dos galegos usuarios de
Internet participa en redes sociais.
É significativo o maior uso dos galegos en servizos como a
solicitude da cita médica a través da páxina web (case 14 puntos máis que a
media estatal). e en servizos relacionados co entretemento, tales como xogos,
pelÃculas e música, preto de 4 puntos máis que a media estatal.