Profesionais da imaxe e as redes reúnense en Celanova para albiscar o futuro do audiovisual

martes, 24 de xuño do 2008 Fernando Sarasketa

Unha das moitas consecuencias da Sociedade da Información na que vivimos en maior ou menor medida é a de ter mudado para sempre o noso xeito de ollar. A tecnoloxía, cando anda preto, fainos máis esixentes: xa non nos chega con consumir ficción audiovisual polas canles tradicionais, agora tamén queremos recibila, vela e até gravala a través de móbiles e Internet. E o mesmo pasa coa información xornalística: os medios que non se preguen aos recursos audiovisuais de todo tipo probablemente rematen en vía morta. Pasaremos por riba deles coma se o punteiro do rato sucase unha pantalla en branco. Na liña de afondar nestas cuestións, tirar partido das súas posibilidades e albiscar os cambios da sociedade en virtude desta revolución do audiovisual, a Fundación Carlos Casares e máis a Vicerreitoría de Planificación e Desenvolvemento do Campus de Ourense promoven entre o 9 e 11 de xullo o curso Os sons e as imaxes da Información, Radio, Televisión e Internet (aquí, en pdf).
A actividade formativa, que conta coa colaboración do Consorcio Audiovisual de Galicia e o Concello de Celanova, continúa o ronsel deixado por outros cursos previos celebrados no concello ourensán: Cine e literatura. Casares e o cine (2004), Ficción televisiva (2005), Documental. Imaxinar a realidade (2006) e Novos formatos, novas pantallas (2007).
A idea da actividade que nos ocupa agora, tal e como sinalan os seus responsables, é a de servir de marco de reflexión sobre os recursos audiovisuais na Sociedade da Información, “sobre o seu pasado e sobre a súa problemática actual, e ao tempo anticipar un futuro que semella tan apaixonante como ateigado de desafíos para a vida cotiá dos cidadáns, mesmo condicionando o propio desenvolvemento da sociedade”.
Asemade, coa edición deste ano preténdese tamén homenaxear a Manuel Curros Enríquez, o vate galego de Celanova, “pioneiro na comunicación”, no centenario da súa morte.
A maiores, ao longo do curso, está prevista a presentación con carácter de estrea (contando coa presenza dos seus autores) de dous documentais: Prodixiosos, de Manuel Darriba, e O rei galego de África, de Delmi Álvarez.

Programa
MÉRCORES, 9 de xullo
09.00 h. Acreditación e recollida de documentación
09.30 h. Saúdo e presentación do director do curso
Miguel Anxo Fernández Crítico de cinema e televisión e profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo
10.00 h. Conferencia de apertura
OS NOTICIEIROS NA HISTORIA DO AUDIOVISUAL GALEGO
Xosé Nogueira Profesor de Historia do Cine da Universidade de Santiago de Compostela
11.00 h. Conferencia
PRODUCIÓN DE CONTIDOS AUDIOVISUAIS E MULTIMEDIA PARA A INDUSTRIA
Beatriz Legerén Profesora de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo
12.00 h. Descanso
12.30 h. Acto oficial de inauguración coa presenza de representantes das institucións organizadoras e patrocinadoras
13.00 h. Conferencia
A TELEVISIÓN EN ESPAÑA: ESTADO DA CUESTIÓN
Carles Marín Responsable de Comunicación e membro da Xunta Directiva da Academia de Televisión
14.30 h. Descanso para xantar
16.00 h. Conferencia
BLOGOSFERA GALEGA
Manuel Gago Mariño Profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela
17.00 h. Conferencia
AS MULTIMEDIA DO FUTURO. PERSPECTIVAS
Fortunato Rodríguez Fernández Profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo
18.00 h. Conferencia
A TERCEIRA ERA DA TELEVISIÓN
Ricardo Villa Director de Información e Contidos de rtve.es
19.00 h. Coloquio
20.00 h. Proxección
PRODIXIOSOS (Galicia, 2008). Estrea do documental de Manuel Darriba, presentado polo director-guionista e polo produtor Pepe Coira
Lugar: Casa dos Poetas
22.00 h. Peche da xornada
XOVES, 10 de xullo
10.00 h. Conferencia
CURROS ENRÍQUEZ XORNALISTA
Marcos Valcárcel Profesor, historiador do xornalismo galego e académico numerario
da Real Academia Galega
11.00 h. Descanso
11.30 h. Cara a cara
PRESENTAR UN INFORMATIVO
Alfonso Hermida Presentador do “Telexornal mediodía” da Televisión de Galicia
Raquel Domínguez Presentadora do programa “Bos días” da Televisión de Galicia
12.45 h. Cara a cara
INFORMAR DENDE A RADIO EN GALICIA
Tino Santiago Director do programa “A Crónica” da Radio Galega
Antonio Nespereira Coordinador de Radio Voz en Ourense
14.00 h. Descanso para xantar
16.00 h. Conferencia
A IMAXE EN CONVERXENCIA: OS NOVOS MODELOS DE CONSUMO
Emilio Carlos García Catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade Complutense de Madrid
17.00 h. Conferencia
DE QUE FALAMOS CANDO FALAMOS DE XORNALISMO?
Xosé Manuel Pereiro Decano do Colexio de Xornalistas de Galicia
18.00 h. Conferencia
EDICIÓNS DIXITAIS EN GALICIA
Xosé Pereira Fariña Grupo de Investigación en Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela
19.00 h. Conferencia
A EXPERIENCIA DE GOOGLE. CARA ONDE CAMIÑA A REDE
Luis Collado Responsable de Google Books Search de España e Portugal
20.00 h. Proxección
O REI GALEGO DE ÁFRICA (Galicia, 2008). Estrea do documental de Delmi Álvarez, presentado por Arturo
Lezcano e Ana Miranda
Lugar: Casa dos Poetas
22.00 h. Peche da xornada
VENRES, 11 de xullo
10.00 h. Conferencia
TELEVISIÓN INFORMATIVA EN TEMPO REAL. DA ERA ANALÓXICA Á XERACIÓN IPHONE
Xaime Fandiño Profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo
11.00 h. Descanso
11.30 h. Conferencia
SER XORNALISTA EN ESPAÑA
Fernando González Urbaneja Presidente da FAPE (Federación de Asociaciones de Periodistas de España)
12.45 h. Conferencia
POR QUE A RADIO RESISTE?
Rodolfo Irago Director de Informativos de Cadena SER
14.00 h. Descanso para xantar
16.00 h. Conferencia
DE CURROS ENRÍQUEZ A INTERNET: INFORMAR EN GALICIA
Xosé López Profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela
17.00 h. Conferencia de clausura
TODO DIXITAL E EN REDE: TEIMAS DA GLOBOSFERA
Emili Prado Catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade Autónoma de Barcelona
18.30 h. Descanso
19.00 h. Acto de clausura e entrega de certificacións
20.30 h. Peche do curso

PUBLICIDADE