Proban o Proxecto Natal nun programa de televisión

xoves, 11 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A pasada noite os fogares norteamericanos puideron botar unha ollada ao futuro dos videoxogos pois no programa televisivo de Jimmy Fallon fixo unha aparición especial Kudo Tsunoda para facer unha demostración do Proxecto Natal.
Deste xeito, o que se veu no Late Night with Jimmy Fallon foi unha proba real do sistema de detección de movemento para a Xbox 360, e non unhas gravacións das súas posibilidades, deixando claro que a tecnoloxía funciona, aínda que polo momento só presenta funcionalidades que xa estaban presentes cunha EyeToy, pois supomos que os elementos que darán precisión ao sistema ata o nivel de percibir os movementos dos dedos dos usuarios deberán pulirse nos vindeiros meses, xa que non se espera que este desenvolvemento chegue a ser un produto real até dentro de 1 ou 2 anos.


Fragmento do programa televisivo no que se amosou parte do potencial do Proxecto Natal

PUBLICIDADE