Preséntase en Santiago o Foro Academia Aberta 2007

luns, 26 de novembro do 2007

Mañá martes 27 de novembro, o Club Internacional de Prensa presenta na súa sede en Santiago de Compostela o Foro Academia Aberta 2007, que desta volta versará sobre A televisión dixital en Galicia: novas tecnoloxías, novos servizos e que se desenvolverá os días 29 e 30 de novembro.
Na devandita presentación intervirán a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas e o directivo da Academia e un dos coordinadores do Foro, Xaime Fandiño.

PUBLICIDADE