Preparan un novo FPS para Nintendo DS

mércores, 25 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Aínda que a Nintendo DS sexa unha consola moi limitada no que a procesador gráfico se refire (o que lle vetaría os espectaculares xogos 3D de consolas domésticas e mesmo da PSP) a xente de Renegade Kid (responsables de Dementium: The Ward) parece empeñada en demostrar que os xogos de acción en primeira persoa que tan boa aceptación teñen noutras plataformas se poidan asentar na DS, polo que están a rematar Moon, un FPS de ciencia ficción que sitúa a acción nunha estación luar en 2058, na que se agocha un segredo pouco agradable.
Dende a compañía que desenvolve o xogo aseguran que están a empregar o sofisticado motor gráfico 3D que desenvolveron para Dementium: The Ward o que permite levar ao límite as capacidades da Nintendo DS.


Trailer do xogo

PUBLICIDADE