Preparan o lanzamento de laSexta 3 e laSexta HD

luns, 4 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Congreras, conselleiro delegado de laSexta

Durante a súa intervención durante o almorzo informativo organizado polo Foro Nueva Economía, José Miguel Contreras, conselleiro delegado de laSexta, anunciou que teñen pensado lanzar a canle laSexta HD este mes de outubro, mentres que laSexta 3 comezaría a emitir en novembro, seguindo os pasos de laSexta 2 que botou a andar a pasada semana, só que desta volta, en vez dunha programación baseada en redifusións, centraría os contidos na ficción (series televisivas e películas), e será unha canle en aberto e non de pagamento como anunciaran previamente.
No tocante á nova canle de alta definición, Contreras destacou que carecen de espazo para poder emitir con boa calidade (o que quedou claro durante as probas de emisión o pasado verán), pero de todos os xeitos suporá unha mellora de imaxes significativa fronte ao sinal convencional.
Con esta oferta de canles agardan rematar o ano cunha audiencia conxunta que chegue ao 8% (polo que a achega de cota de pantalla de laSexta 2 e laSexta 3 estiman que apenas chegará ao 0,5%).
ACTUALIZACIÓN: Parece ser que laSexta HD non chegará ata novembro.


Parte do relatorio de Contreras no Foro Nueva Economía recollida por Periodistadigital

PUBLICIDADE