Portocabo lánzase a repetir o éxito de Hierro en Movistar+ cunha serie rodada na Capelada: Rapa
martes, 26 de outubro do 2021
Movistar+
produce, en colaboración coa produtora galega Portocabo, a serie de
suspense Rapa, da man do mesmo equipo creativo de
Hierro, a serie máis vista de 2021 na plataforma de contidos
da operadora.
A
nova produción, rodada en parte nos cumios e cantís da Capelada
(Cedeira), estrearase en 2022. Con media ducia de episodios, vén da
man de Pepe Coira e Fran Araújo (creadores), e está dirixida por
Jorge Coira, contando con Javier Cámara e Mónica López como
protagonistas.
O
pano de fondo é a tradicional Rapa das Bestas de Cedeira, o primeiro
domingo do mes de xuño no Curro da Capelada, o único día do ano en
que os cabalos que corren ceibos polas alturas da serra deixan ser
libres. No marco da celebración dunha tradición que “sintetiza o
belo e o salvaxe”, é asasinada Amparo Seoane, alcaldesa da
localidade. Resolver o crime é o obxectivo común de Tomás, mestre
local, e Maite, un sarxento da garda civil. E converterase en algo
máis: unha boa razón para vivir.
A
serie de seis episodios de 50 minutos comezou a súa rodaxe en
Galicia e estrearase en 2022. A rodaxe está a facerse integramente
en Galicia, nas localidades de Cedeira e Ferrol.
Únense
a Javier Cámara e Mónica López, os actores Lucía Veiga, Eva
Fernández, Toni Salgado, Ricardo Barreiro, Berta Ojea, Jorge Bosch,
Santi Prego, Paula Morado, Adrián Ríos, Iria Sobrado, Tito Asorey,
Mabel Rivera, Víctor Mosqueira, Nacho Castaño e Lara Boedo.