Ponteceso estrea rede Wi-Fi municipal en probas

mércores, 26 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Fotografía de Ponteceso tomada por Martina Sousa

O Concello de Ponteceso vén de pór en marcha a primeira fase da Rede Municipal Multiservicios (Pontewifi), que durante a súa fase experimental permitirá que todo veciño empadroado no Concello poida solicitar un nome de usuario e un contrasinal para conectarse aos puntos de acceso Wi-Fi habilitado nas parroquias (para o que deben entregar un formulario cuberto no Departamento de Informática do Concello), como xa acontece noutros concellos coma Corcubión e Zas.
Para dar cobertura aos 30 puntos de acceso da rede Pontewifi colocáronse 3 torres en Corme, Anllóns e un monte entre Tallo, Xornes e Langueirón, dende as que establécense comunicacións WiMAX para a rede troncal que despois compártese mediante Wi-Fi.
Unha vez rematado o período de probas de Pontewifi, como xa aconteceu en servizos semellantes, os usuarios que queiran gozar do servizo de acceso á Internet sen fíos deberán pagar unha cota mensual.

PUBLICIDADE