Pocoyó terá xogo de carreiras para Nintendo DS e Wii

martes, 2 de agosto do 2011 Marcus Fernández

POCOYO Racing parece querer seguir os pasos do popular Mario Kart

Namco Bandai Partners Ibérica chegou a un acordo con Zinkia para distribuír en España o xogo POCOYÓ Racing, que chegará ás o vindeiro mes de novembro en versión para Wii e Nintendo DS, e que ofrecerá moita diversión permitindo competir cos personaxes da célebre serie televisiva de Zinkia (tanto en modo para un xogador como en partidas multixogador) con 24 vehículos exclusivos e 60 pistas diferentes, que virán acompañadas por 16 escenas cinemáticas exclusivas e 180 fotografías relacionadas con Pocoyó que iranse desbloqueando segundo se superen os distintos retos do xogo.

Coa Pocoyo Gamebox podemos saltar á corda e xogar a outros 4 xogos no iPad

Este título de carreiras promete diversión para toda a familia e está a ser producido directamente por Zinkia, compañía que tamén estreou hai pouco Pocoyo Gamebox, unha aplicación para iPad que inclúe 5 mini-xogos (tiro á diana, salto á corda, carreira de coches, saltos e construción dunha torre) para que os máis cativos da casa dean os seus primeiros pasos coa tablet de Apple e que está á venda por 0,79 euros. Anteriormente xa publicaran outras aplicacións na App Store como Colorea con Pocoyó y sus Amigos (sinxelo xogo de colorear) e Pocoyó TV (plataforma de compra e reproducción da serie de animación de Pocoyó para iPhone e iPad).

PUBLICIDADE