Playboy volve homenaxear ás rapazas dos videoxogos

martes, 18 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Wilhemina Church e Abigail Black de Clive Barker’s Jericho apareceron o ano pasado en Playboy

En vista de que a meirande parte dos usuarios de videoxogos son varóns en idade adulta, os de Playboy levan un tempo aproveitando este feito para achegar o interese á súa publicación impresa, e xa é unha tradición que o número de decembro da revista conte cunha reportaxe gráfica coas rapazas dos xogos, que en 2007 eran Keaira de Age of Conan, Morenn de The Witcher, Yoko Retomoto de Kane & Lynch, A’Kanna de Conan, Church e Black de Clive Barker’s Jericho e Sarah Morrison de Tabula Rasa, que amosaban toda a súa perfección virtual como este ano farán as mozas que aparecen nos xogos Afro Samurai, Ride to Hell, Velvet Assassin, Saints Row 2, Domination e Rise of the Argonauts, ou sexa, que continúan na liña de elixir personaxes cunha repercusión limitada, sen atreverse coas grandes heroínas que ocupan títulos de éxito no presente ano como a Lara Croft de Tomb Raider, Faith de Mirror’s Edge, a Gata Negra de Spider-Man: El Reino de las Sombras ou as loitadoras de Soul Calibur IV.

PUBLICIDADE