PlayStation rebaixa a súa VR co gallo do Black Friday

venres, 17 de novembro do 2017 Marcus Fernández

Dentro da campaña do Black Friday de PlayStation temos interesantes ofertas relativas á realidade virtual, de xeito que dende hoxe e até o Cyber Monday (o luns 27) será posible adquirir o casco PlayStation VR coa PlayStation Camera, PS VR Worlds (que inclúe 5 experiencias de realidade virtual) e un xogo adicional que poderá ser o Gran Turismo Sport ou Skyrim VR por un prezo de só 299 euros, o que supón un aforro duns 111 euros, o que pode animar a moitos a dar o salto á realidade virtual, para o que moitos recomendan partir dunha consola PS4 Pro.
A maiores tamén haberá máis ofertas de VR como o xogo Farpoint co mando pistola Aim Controller por 59,99 euros e unha serie de títulos a 19,99 euros: Farpoint, Robinson: The Journey, Battlezone VR, PS VR Worlds, Eve Valkirie VR, RIGS Mechanized Combat League, DriveClub VR, Starblood Arena e Here They Lie.

Coa nova promoción é posible facerse cun lote completo de realidade virtual para PS4 por só 299 euros

PUBLICIDADE