PlayStation entrará no negocio dos xogos para móbiles

luns, 29 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Sony vén de anunciar o peche dun acordo de compra definitivo por Savage Game Studios, un equipo de desenvolvemento de videoxogos con grandes talentos creativos e ampla experiencia na creación de xogos para dispositivos móbiles de grande éxito, que vai integrarse na nova PlayStation Studios Mobile Division, ou sexa, que o máis importante desta operación é a creación dunha división dos estudios de PlayStation que estará á marxe dos xogos de consola e terá como obxectivo a creación de experiencias innovadoras e portátiles baseadas tanto en marcas novas como existentes da compañía.
Actualmente Savage Game Studios traballa nun novo xogo Live Service de acción para dispositivos móbiles que aínda non se anunciou, e que verá a luz baixo o paraugas de PlayStation, deixando a porta aberta a que as grandes franquías de PlayStation poidan contar con entregas para dispositivos móbiles nos vindeiros anos.

PUBLICIDADE