PlayStation Plus Premium por fin permite probar o streaming de xogos de PS5

mércores, 14 de xuño do 2023 Marcus Fernández

Sony vén de anunciar algúns dos xogos que se incluirán a PlayStation Plus a semana que vén (como Far Cry 6, Teeanage Mutant Ninja Turtles: Shredder’s Revenge, Deus Ex: Mankind Dived ou Inscryption), aproveitando a ocasión para realizar un anuncio de grande importancia: están a probar o xogo en streaming para os xogos de Playstation 5 compatibles (inclúe os xogos de PS5 no catálogo de PS Plus e os xogos de PS5 que o usuario xa teñan en dixital).
Esta nova funcionalidade pretende estar dispoñible para os subscritores de PlayStation Plus Premium, que así poderán gozar de moitos dos últimos xogos sen a necesidade de descargalos primeiro, o que supón un grande valor engadido para a subscrición, e que resulta especialmente práctico para probar títulos para así decidir se queremos instalalos.
Polo momento o xogo en streaming en PlayStation 5 limitábase a títulos de PS3 e PS4 e outros xogos clásicos, pero agora está a abrirse a xogos recentes, co que Sony parece querer que o seu servizo non quede fóra de xogo cando o comparamos co de Xbox, o que pode non resultar moi relevante hoxe, pero si pode resultar transcendental a longo prazo, xa que moitos entenden que o xogo na nube será o futuro.

PUBLICIDADE