Platinum Games prepara un título de loita multixogador para Xbox 360 e PS3

xoves, 27 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

O estudo Platinum Games acadou unhas críticas moi positivas cando lanzou o xogo Madworld para Wii que non foi acompañado con boas vendas posiblemente por non ser axeitado o seu contido violento para unha consola de Nintendo, de aí que dea a impresión de que queren desquitarse co novo título que veñen de presentar: Anarchy Reigns.
Este novo xogo chegará ás tendas en outono de 2011 para Xbox 360 e PlayStation 3, e será un título de loita multixogador en terceira persoa coa calidade e a innovación propias do seu estudo de desenvolvemento, como xa demostrou con Bayonetta (xogo para PS3 e Xbox 360 no que coincidiron crítica e público na súa boa acollida).
Anarchy Reigns permitirá que os xogadores combatan en modos Tag Team e Battle Royal, nos que os xogadores poden desafiarse entre si nunha loita total para lograr a vitoria, no que promete ser todo un espectáculo de violencia do que gozará unha importante parte do público das actuais consolas domésticas de alta definición.

Anarchy Reigns permitirá combates masivos con distivos modos de xogo
O xogo promete repetir a violencia que podiamos ver en Madworld


Teaser do xogo

PUBLICIDADE