Pepephone dobra a velocidade da súa fibra

luns, 20 de agosto do 2018 Marcus Fernández

Aínda que Pepephone iniciou o seu servizo de fibra óptica con conexións simétricas de 300 Mbps, rematada a promoción inicial baixou a súa velocidade a 100 Mbps simétricos, de xeito que a súa oferta non resultaba tan atractiva, o que vén de corrixirse parcialmente, xa que a partires de agora a fibra de Pepephone ofrecerá conexións simétricas de 200 Mbps.
Lembremos que as conexións de fibra de Pepephone comercialízanse a 34,6 euros/mes sen custos ocultos, por non incluír liña de teléfono fixo, baixando o prezo mensual a 29 euros/mes para os clientes que teñan unha tarifa móbil de Pepephone con cota de liña. Cómpre salientar que estas conexións teñen un custo de instalación e router de 90 euros cun compromiso de permanencia de 12 meses.

PUBLICIDADE