Overwatch supera os 25 millóns de xogadores

venres, 27 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Resulta difícil de discutir cal foi o fenómeno no mundo dos videoxogos en 2016, xa que o impacto acadado por Overwatch foi notable, converténdose no título emerxente no ámbito dos eSports e captando con igual forza a usuarios de Xbox One, PlayStation 4 e PC, e como fito para marcar este éxito notable dende Blizzard veñen de anunciar que superaron os 25 millóns de usuarios rexistrados.

Un xogo moi vivo

O crecemento imparable de Overwatch non é consecuencia directa de ser un xogo excelente, senón tamén do grande mimo co que Blizzard o está a coidar, con numerosos eventos nos que participar e personaxes adicionais que se incorporan de balde, fidelizando aos xogadores actuais e facilitando así que medre a comunidade ao redor deste xogo que nesta ocasión ten especial mérito por estarmos ante un xogo de pagamento e non ante un título free-to-play como League of Legends.

O xogo está a recibir constantemente novos personaxes que o enriquecen

PUBLICIDADE